O executivo boirés deberá acomete-lo derrube dunha das naves de Jealsa

    sentenzajealsa_100_10082009.jpgBOIRO> O TSXG vén de rexeita-la solicitude da conserveira Jealsa-Rianxeira para que non se executase unha sentenza de derrube contra unha nave frigorífica que fora construida de xeito ilegal.

    {flowplayer}barbanza/sentenzajealsa.flv{/flowplayer}

    A decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia responde ó recurso presentado por unha particular que esixía a execución da sentenza. O alto tribunal galego considera que se debe evitar que unha obra declarada ilegal nunha sentenza poida acollerse, co paso do tempo e cunha suposta acomodación da ordenación urbanística, a súa legalización.

    Negativa ó aprazamento

    Na sentenza sinálase ademais que non existen argumentos legais para o seu aprazamento, xa que non consta a súa necesaria legalización, con independencia das responsabilidades nas que puidera incurrrilo concello se incumpriu as súas obrigacións en relación coa tramitación e resolución da solicitude de legalización. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insta ó executivo boirés a executa-la sentenza e informar das medidas adoptadas ó respecto no prazo dun mes.

    Redacción Barbanza