Ás nove na praia para ver a posta de sol da Ría de Arousa

    chill_out100.jpgVILAGARCÍA> Ás nove na Praia. Así nos cita o Concello para presenciar estes días a posta de sol na Concha, e con música chill out.

    {flowplayer}images/salnes/chill_out.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> ‘Ás nove na Praia‘. Así nos cita o Concello de Vilagarcía para poder presenciar estes días a posta de sol desde a praia da Concha, e con música chill out de fondo.

    Estas noites, o xoves é o último día, atoparanse preto do piñeiral da Concha unha carpa. Alí desde as nove da noite ata as doce da madrugada, un DJ pinchará todo tipo de música chill out, e mentres degustan un cóctel á luz das candeas poden contemplar a posta de sol da ría de Arousa, un espectáculo digno de admirar.

    Na presentación desta actividade, a edil de Promoción Económica Rosa Abuín indicara que con esta actividade pretenden crear un ambiente relaxado e tranquilo, onde as persoas poderán gozar do maior espectáculo natural que teñen en Vilagarcía, ó tempo que charlan cos seus amigos.

    Estas sesións chill out enmárcanse nas diversas iniciativas que se están a levar a cabo desde o Concello para recuperar a praia como un espazo de goce público más alá de bañarse e pasear. De feito, este ano, recuperouse a tradición de celebrar no areal a noite de San Xoán con gran éxito de público. E durante as festas, repetirase este areal como espazo privilexiado para seguir o combate naval.

    Redacción Salnés