Os amantes do bo marisco terán unha cita esta fin de semana na Pobra

    feiramariscopobra_100_110809.jpgPOBRA> A festa gastronómica nace coa intención de perdurar no tempo, constituíndose así nun evento de referencia na comarca do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/feiramariscopobra.flv{/flowplayer}

    Tomando como exemplo outras localidades da ría de Arousa, como é o caso do Grove ou a Illa, o concello pobrés vai celebrar esta vindeira fin de semana, a primeira Feira do Marisco. A iniciativa partiu da empresa Landeiras, entidade organizadora, que conta coa colaboración do concello, a Consellería do Mar e a Unión Europea, a través dos Fondos Sociais. O lugar escollido para acoller este evento será a Praza Segundo Durán e desenvolverase en tres xornadas: venres, sábado e domingo.

    Prezos populares

    A organización habilitará un total de dez stánds nos que se poderán degustar outras tantas especialidades de marisco, entre eles navallas, cigalas, ameixas ou mexillóns. Ademais na feira tamén haberá outras especialidades como empanadas, rodaballo ou polbo. Os prezos serán populares, variando en función das cotizacións que acade o marisco na lonxa, aínda que as racións, dependendo do produto, non superarán os nove euros.

    Continuidade

    A feira nace coa ilusión de perdurar no tempo, constituíndose así nunha cita obrigada no calendario de celebracións na comarca.

    Redacción Barbanza