Os comuneiros instan a Xunta a axilizar as centrais de biomasa

    proxectocentraisbiomasa_100_11082009.jpgBOIRO> O incendio de Insuachán reaviva a necesidade de buscar solucións a falta de limpeza dos montes galegos.

    Os integrantes da comunidade de Montes de Insuachán instan a Xunta de Galicia a que axilice os trámites para a construción de centrais de biomasa, logo de que esta iniciativa sufrise un parón ao rexeitar a Consellería de Economía e Industria todos os proxectos presentados.

    Ademáis solicitan que a comarca da Barbanza sexa incluída como rexión xeográfica viable para o emprazamento dunha destas plantas eléctricas.

    {flowplayer}barbanza/proxectocentraisbiomasa.flv{/flowplayer}

    O incendio forestal acontecido esta fin de semana no monte da comarca da Barbanza revive a pantasma da catrátrofe ecolóxica vivida hai tres anos. A vaga de incendios do verán de 2006 puxo de manifesto que a falta de limpeza dos montes dificulta en gran medida a extinción dos lumes.

    A rápida propagación do incendio deste domingo en Insuachán tivo a súa orixe, ademáis de nos fortes refachos de vento, na existencia de densos núcleos de maleza. Por tal motivo, os comuneiros desta zona voltan reclamar unha medida que creen remataría co problema: o proxecto de contrución dunha planta de biomasa na comarca.

    Proxecto sen materializar

    Esta iniciativa comezou a estudiarse na comarca no 2005 cando unha empresa alemana presentou un proxecto para a creación dunha planta de biomasa forestal. Xa daquela espertou moito interese entre asociacións de comuneiros da Barbanza. Mesmo se chegou a elaborar un informe que concluía que a bisbarra sería un lugar adecuado para emprazar unha desta centrais.

    Pero, transcorridos estes anos, o redactado no papel aínda non se materializou, a pesar de que o ano pasado se aproba o decreto para o regulamento da produción de enerxía con masa forestal. O pasado mes de xullo a Consellería de Economía rexeitou todos os proxectos presentados ao abeiro dun decreto do bipartito para regular as concesións.

    Busca de alternativas

    Para os comuneiros esta decisión supón un paso atrás e dilata o proceso de creación das novas centrais. Ademáis, o anterior goberno autonómico bipartito non incluiu a comarca da Barbanza entre as zonas xeográficas de emprazamento destas centrais. Polo que dende a Comunidade de Montes de Insuachán instan a nova Xunta de Galicia a que reconsidere esta decisión.

    Unha alternativa, que se está a estudiar dende a comunidade de montes de Asados en Rianxo, será a creación dunha pequena planta que xerase enerxia suficiente para abastecer un parte do consumo dos edificios municipais da comarca.

    Redacción Barbanza