Camiñantes, un itinerario filosófico xa está nas librerías

    agis2_100.jpgSANXENXO> Onte a noite deuse a coñecer en primicia en Sanxenxo o último libro do filósofo, docente e escritor Marcelino Agís, Camiñantes, un itinerario

    {flowplayer}images/salnes/120809_libro_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    … filosófico. Nesta presentación deste ensaio de filosofía en galego, ademais das autoridades locais e do público en xeral, estiveron presentes xunto co autor, o escritor e editor Víctor Freixanes, Xabier Martínez Cobas do Patronato Fundación Isla Couto, o representante de Caixa Galicia, Xosé Manuel García e o libreiro local, Xaime Corral. Estes coincidiron en loubar esta obra que fala dun percorrido no camiño metafórico da nosa vida ó longo dos anos desde unha perspectiva filosófica.

    Este libro está dividido en tres partes, unha primeira dedicada á reflexión sobre a condición humana; unha seguinte na que se fala das encrucilladas do mundo actual e unha terceira onde se fala da relación entre a filosofía e a linguaxe, para chegar ó epílogo onde se descrebe o significado da felicidade sostible, ó máis parecido á felicidade absoluta que podemos atopar neste mundo. Nestas tres partes, este filosofo de Poio, afincado en Sanxenxo, aporta a súa visión persoal sobre a relación da filosofía con esta andaina vital.

    O obxectivo desta obra é achegar á filosofía ós que gustan de ler en galego, especialmente neste ano no que o protagonista das letras galegas foi Ramón Piñeiro, outro filósofo vello coñecido de Agís. Esta obra, que será presentada proximamente noutras cidades galegas, xa está dispoñible nas librerías.

    Redacción Salnés