Vilagarcía recibe a primeira bici con cambio electrónico

bici250_120809.jpgVILAGARCÍA> Na tenda de ciclismo Deportes Rodas está exposta unha bici moi especial, que conta con cambio electrónico. Un sistema totalmente novidoso, que xa foi probado e con éxito por varios profesionais no pasado Tour de Francia. Todo son vantaxes, agás o seu prezo.

{flowplayer}images/salnes/bicirodas_120809.flv{/flowplayer} 

Aquí teñen a bicicleta máis moderna que se pode atopar agora mesmo no mercado. A simple vista, non chama demasiado a atención. Se a miramos con detemento darémonos conta de que carece dos típicos cables na parte dianteira do manillar.

E é que esta máquina, porque así se pode chamar, ten cambio electrónico. A casa nipona Shimano sacou este modelo Dura Ace hai escasas datas. Dos primeiros sitios nos que se pode atopar en Galicia e España, é en Deportes Rodas, en Vilagarcía.

Calquera bicicleta pode levar este sistema, que dispón dunha batería con 1.500 quilómetros de durabilidade entre recarga e recarga e é moito máis cómodo para o ciclista, que apenas nota o cambio de plato ou piñón. Eso sí, a día de hoxe trátase dun sitema non apto para tódolos bolsillos.

A gran proba para o Shimano Dura Ace foi neste pasado Tour de Francia. Os ciclistas que o usaron quedaron moi satisfeitos pola súa comodidade, entre eles o cántabro Óscar Freire, que dixo sentirse moi a gusto co novo sistema.

Estes días estará exposto a disposición do público en Deportes Rodas, en Vilagarcía. Todo aquel que o proba di non querer volver ó cambio convecional.

Redacción Salnés