Noia acolle esta fin de semana a II edición do Festival Mar de Fondo

    festivalmardefondo_100_130809.jpgNOIA> O cartel do festival de música alternativa ‘Mar de Fondo’  está integrado por un total de dez bandas do panorama nacional e internacional.

    {flowplayer}barbanza/festivalmardefondo.flv{/flowplayer}

    A música alternativa inundará Noia esta fin de semana coa segunda edición do festival internacional Mar de Fondo. Un ano máis, a concellería de Cultura aposta pola creación dun espazo para a música vangardista onde, ademais das bandas máis punteiras a nivel internacional, estarán representados grupos galegos e locais.

    Grupos de prestixio

    Entre os pratos fortes da fin de semana figuran bandas tan prestixiosos como Cooper, Baby Charles, Sidonie, The Phantom Keys, Loveless Cousins, Dustaphonics ou Los Chavales. Unha ampla e variada oferta que recolle as últimas tendencias tanto a nivel nacional coma internacional.

    Prezos populares

    Todo polo módico prezo de dez euros. a entrada, que da acceso a tódolos concertos, pódese adquirir na taquilla dixital de Caixa Galicia, a trave´s da súa web, ou nos puntos habituais de venda de entradas de Noia, entre os que se atopan diversos locais que colaboran co festival.

    Redacción Barbanza