Ana Lorenzo: ‘O goberno da Xunta é un verdadeiro fraude’

    analorenzo100_140809.jpgVILAGARCÍA> Segundo a concelleira, as promesas levadas a cabo durante a campaña electoral do Partido Popular, non eran máis que unha estratexia para acadar o poder.

    {flowplayer}images/salnes/asilo_vilagarcia.flv{/flowplayer} 

    A concelleira de Igualdade e Benestar Social de Vilagarcía, Ana Lorenzo, tachou ó goberno da Xunta de fraude. Esta crítica nace a raíz da falta de cumprimento das promesas realizadas durante a campaña electoral do Partido Popular.

    Ana Lorenzo cualifica de grave a actitude que mantén o novo executivo, posto que está a afectar na calidade de vida das persoas. A concelleira de Vilagarcía considera partidista a actitude mostrada polo Partido Popular da zona. O seu ánimo de crítica mostrado anteriormente traduciuse, segundo comentou Ana Lorenzo, nun absoluto silencio ante temas de importante relevancia.

    Unha das cuestións que máis preocupan é xestión da Lei de Dependencia que se está a desenvolver neste concello. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prometera na pasada campaña electoral, que os grandes dependentes recibirían as súas prestacións nun prazo de tres meses. Agora, a edil asegura que non só non se está cumprindo con isto, se non que as persoas que xa gozaban destes ingresos están a sufrir retrasos nos seus pagamentos.

    Nunha reunión mantida coa Directora xeral de Autonomía e Dependencia, a concelleira de Igualdade e Benestar, solicitoulle unha resolución provisional para poder saber con que financiamento se contaba en Vilagarcía en canto ó Servizo de Axuda no Fogar. A día de hoxe, non teñen ningunha información ó respecto deste tema, algo que dende o concello consideran de vital importancia para poder ir xestionando estas prestacións.

    Outra das preocupacións mostradas e a próxima apertura da Galescola. Neste senso, non comprenden o retraso na mesma, prevista para o mes de setembro e que agora se realizará en marzo do vindeiro ano. A conselleira mostrou o seu desconcerto posto que o edificio destinado a este fin xa está totalmente rematado.

    Redacción Salnés