A música alternativa inunda Noia no ‘Mar de Fondo’

mardefondo_100_170809.jpgNOIA> Miles de afeccionados á música alternativa asistiron ó festival Mar de Fondo que se celebrou esta fin de semana en Noia.

{flowplayer}barbanza/mardefondo.flv{/flowplayer}

Un cartel integrado por bandas de referencia, tanto no ámbito local, como a nivel galego, nacional e internacional. Non podía existir mellor reclamo para os miles de asistentes ó festival Mar de Fondo que se desenvolveu esta fin de semana no patio do IES Campo de San Alberto.

O venres encargábanse de subir o telón do festival algunhas das bandas máis punteiras como os británicos Baby Charles ou os leoneses Cooper. Os galegos Ummagumma, The Phamtom Keys e Os Chavales completaban o cartel.

Para o sábado reservábase un dos pratos fortes: a presentación do último traballo da banda barcelonesa Sidonie, a actuación dos británicos Dustaphonics, os galegos Loveless Cousins e as bandas locais Supersound e Strabismo.

Gallerock en Ribeira

A música tamén centrou a oferta desta fin de semana en Ribeira onde se celebrou o festival GalleRock, organizado pola asociación cultural Bastantes Llon no parque periurbano de San Roque.

O cartel, máis modesto, aínda que de gran calidade a pesar de tratarse dun festival gratuito estivo integrado grupos Bodega Bodega, o excompoñente de Siniestro Total, Miguel Costas, e Los Jacobos. Nesta cuarta edición, o festival segue a ter como obxectivo a promoción das bandas de rock que tentan facerse un oco no panorama musical.

Redacción Barbanza