Unhas 30.000 persoas refréscanse na Festa da Auga de Vilagarcía

auga100_170809.jpgVILAGARCÍA> Vilagarcía viviu onte unha auténtica inundación de xente que non quixo perderse a Festa da Auga.

{flowplayer}images/salnes/auga.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Vilagarcía viviu onte unha auténtica inundación de xente que non quixo perderse a Festa da Auga. As altas temperaturas animaron a unhas trinta mil persoas a achegarse á capital arousá co único propósito de refrescarse cos miles de litros de auga e outros líquidos que correron pola zona húmida.

A procesión do San Roque marca o inicio da festa. Precedido da banda municipal tocando o pasodobre triunfo, ó santo custoulle este ano facer o percorrido desde a igrexa parroquial de Santa Baia de Arealonga ata a capela situada fronte ó instituto Castro Alobre. E á multitude custoulle un pouco máis aguantar baixo o sol sen gota de auga. Antes de entrar na capela o santo ofreceulles un baile e deu paso ós pregoeiros.

Este ano subíronse á grúa Pilar Rubio e Rober Bodegas, de mentira, porque en realidade eran os xornalistas Antonio Garrido e Serxio González. Recomendaron ós presentes tirar o móbil e plastificar os billetes e regaláronlles flotadores, como esta cebra inchable para potenciar as medidas de seguridade viaria na cidade.

E comezou a festa. Caldeiros, pistolas de auga, sulfatadoras, todo valía onte para mollar ó veciño. Desde os balcóns, a choiva de auga foi mollando á multitude que se dirixía ó centro neurálxico da zona húmida, a Praza de Galicia.

A da auga é unha festa chea de corido, o que poñen as camisetas das peñas, como a que sacou Caramuxo con caricaturas dos portavoces municipais. A maioría ían provistos do traxe de baño, e foi tanta a auga que correu que algún xa confundía o asfalto co mar. Unha festa esta na que se implica xente de tódalas idades. Poucos, ou máis ben, ninguén chegou onte á casa seco.

Redacción Salnés