A Deputación achega 60.000 euros ó Ano Cabanillas

convenio_ano_cabanillas100.jpgCAMBADOS> A Deputación de Pontevedra achegoulle 60 mil euros ó Concello de Cambados para as actividades do Ano Cabanillas.

{flowplayer}images/salnes/convenio_ano_cabanillas.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> O Ano Cabanillas estalle a custar ó Concello de Cambados uns 150 mil euros, que financia grazas ás achegas doutras administracións e organismos como a Deputación de Pontevedra.

O presidente do organismo provincial Rafael Louzán, asinou esta mañá un convenio de colaboración co alcalde Luís Aragunde. A Deputación financiará con 60 mil euros diversas actividades que se están a facer con motivo do cincuenta aniversario do pasamento de Cabanillas.

Ambos dirixentes salientaron a trascendencia desta programación cultural que fai de Cambados unha vila punteira na atracción de visitantes con actos tan importantes como a exposición ‘Cabanillas e os artistas do seu tempo’, que se pode visitar no pazo de Torrado.

Dentro deste Ano Cabanillas, o Concello ten previsto facer unha publicación que recolla os mellores poemas do artista cambadés e distribuílo entre os veciños. Cambados seguirá o vindeiro ano honrando ós seus ilustres.

En 2010 conmemórase o cincuenta aniversario do pasamento de Francisco Asorey e estase a organizar unha exposición similar á de Cabanillas e os artistas do seu tempo.

Redacción Salnés