RACE e Renault amosan como o automobilismo pode coidar o medio

    escuela_race_renault_100_180809.jpgSANXENXO> Este é o obxectivo do curso itinerante que se celebra na Praza do Mar entre o 18 e o 21 de agosto.

    {flowplayer}images/salnes/180809_seguridade_viaira.flv{/flowplayer}

    Preto do 13 por cento das emisións de CO2 que chegan actualmente á atmosfera proceden do sector automobilístico. Unha cifra que contrasta co 70 por cen que xera o sector da enerxía eléctrica. Pero ese 13 por cento segue sendo elevado. Por iso, o Real Automóbil Club de España e Renault veñen desenvolvendo unha serie de cursos de formación para amosar á poboación os efectos da contaminación medioambiental e que medidas está a tomar o sector automobilístico para minimizalos. Nesta liña naceu a Escola de responsabilidade medioambiental, un curso itinerante que desde hoxe e ata o venres fai parada en Sanxenxo. Está dirixido especialmente ós máis mozos.

    As clases impártense en horario de mañá e tarde na aula e o parque temático instalados na Praza do Mar. Ademais de explicar en que consiste o efecto invernadoiro e o seu impacto no cambio climático, os participantes tamén poderán coñecer o proceso de reciclaxe dos vehículos cando caen en desuso.

    Este é o sétimo ano que o RACE e Renault organizan este curso, e está previsto que asistan máis de mil persoas.

    Redacción Salnés