Os taxistas denuncian ante a Policía Local ó Radiotaxi de Vilagarcía

    protesta_taxista_vilanova_100_190809.jpgVILANOVA> A demanda presentouse como resposta á publicidade que o servizo vilagarcián está difundindo por Vilanova…

    {flowplayer}images/salnes/190809_protesta_taxista.flv{/flowplayer}

    …Os taxistas de Vilanova volven a poñer no seu punto de mira ó servizo de Radiotaxi de Vilagarcía. Ás protestas de competencia desleal e intrusismo feitas hai uns meses nos medios de comunicación, súmase agora unha denuncia formal ante a Policía Local. A gota que colmou o vaso: a aparición de pegatinas anunciando o Radiotaxi en varias zonas de Vilanova.

    Desde que entrou en funcionamento o Radiotaxi de Vilagarcía, os taxistas de Vilanova aseguran que están a notar unha baixada no número de servizos que realizan, e aínda máis agora no verán. Se hai uns meses denunciaban nos medios de comunicación que os taxis de Vilagarcía estaban realizando traslados na súa área de traballo, agora acúsanos de competencia desleal e intrusismo. Todo debido á aparición esta fin de semana dunha serie de pegatinas anunciando o servizo de Radiotaxi en Vilanova.

    A reacción non se fixo agardar. Este luns os taxistas de Vilanova presentaban unha denuncia formal ante a Policía Local, despois de ter limpado esas farolas dos anuncios dos que eles consideran os seus competidores.

    Víctor Abal, taxista de Vilanova, asegura que nesta reivindicación os taxistas de Vilanova contan co respaldo dos responsables municipais.

    Redacción Salnés