Rafael Louzán recibe ós mundialistas Cal e Perucho

mundialistas250_190809.jpgPONTEVEDRA> O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, mailo delegado de deportes, José Enrique Sotelo, recibiron esta mañá no pazo provincial ós piragüistas David Cal e Carlos Pérez ‘Perucho’. O motivo, a recente participación de ambos deportistas nos Campionatos do Mundo da especialidade.

{flowplayer}images/salnes/recepcionmundialistas_190908.flv{/flowplayer} 

O Presidente de Deputación de Pôntevedra, Rafael Louzán, recibíu hoxe no Pazo Provincial a dous dos deportistas máis destacados do panorama galego e nacional. David Cal e Perucho, recén chegados de Dartmouth (Canadá) amosáronse satisfeitos polos resultados alí acadados nos mundiais de piragüismo.

Cal, meteuse nas finais de 500 e 1.000 metros tras chegar fóra de forma, e Perucho tróuxose un ouro e unha prata pese a quedar cuarto na súa distancia, os 500 metros. A preparación de ambos cambiará a partir de agora, unha vez decidíuse substituir os 500 metros polos 200, como distancia olímpica. Algo que pode beneficiar a Perucho polas súas cualidades físicas, pero que pola contra perxudica a Cal, un padexeiro que aúna velocidade e resistencia. Con todo, non renunciará a ningunha das dúas distancias de momento porque o obxectivo é converterse no deportista español con máis medallas da historia dos Xogos.

Cal e Perucho, tras uns días nos que deberán atender a diferentes actos protocolarios, tomaranse unhas semanas de descanso antes de afrontar vindeiros obxectivos.

Redacción Salnés