Record de asistencia na primeira xornada da Festa do Mar

    festa_do_mar.jpgPOIO> Os organizadores auguran unha participación elevada nesta novena edición, aínda que prevén unha baixada no consumo por persoa.

    {flowplayer}images/salnes/festa_do_mar.flv{/flowplayer}

    A Festa do Mar volve a Poio para render homenaxe ó patrimonio marítimo galego. Contará, como en anos anteriores, coa súa mostra gastronómica, o seu encontro de embarcacións tradicionais ou a súa feira de mostras. En canto ás actuacións musicais, o edil de festexos, Xosé Lois Martínez, adiantou que haberá diferenzas con respecto a anos anteriores.

    Con respecto á mostra gastronómica, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, considerou que esta será un factor clave no éxito desta festa. Tamén puido presumir de empregar os mellores produtos para a mesma.

    Esta novena edición parece non sentir a crise económica, posto que foi o ano con maior afluencia no seu primeiro día. A xente que xa se achegou ata alí, a grande maioría turistas, puideron degustar os produtos que se ofrecían, como o marisco ou a empanada. O edil de festexos prognosticou un boa afluencia, inda que considera que o que si vai ver diminuído é o consumo por persoa.

    Redacción Salnés