Policía Local e Nacional coordinaron o dispositivo da Festa da Auga

    dispositivo100_200809.jpgVILAGARCÍA> Un total de 11 gardas (8 axentes e 3 auxiliares) participaron no operativo especial deseñado pola Policía Local para a Festa da Auga.

    {flowplayer}images/salnes/dispositivo_seguridade.flv{/flowplayer}

    VILAGARCIA> O edil de IVIL, José Luís Rivera Mallo, presentaba onte un escrito no concello de Vilagarcía interesándose polo número de axentes da Policía Local que estiveron de servizo na madrugada e no mediodía da Festa da Auga. A resposta desde o Ravella non se fixo esperar.

    Segundo indica o goberno local, no operativo especial participaron un total de once gardas, oito deles axentes e tres auxiliares. Houbo unha patrulla de servizo entre as dez e media da noite e as seis e cuarto da madrugada; outra desde as once ata as 6. E dúas parellas máis e tres auxiliares entre as 5 da mañá e as dúas e media da tarde.

    O Concello afirma que este operativo da Policía Local se estableceu en base ós criterios de valoración estudados na Mesa de Coordinación coa Policía Nacional. Tívose en conta que era véspera de festivo, as condicións climatolóxicas previstas, a experiencia de anos anteriores e a dispoñibilidade de efectivos de ambos corpos policiais. Nesa reunión, di Ravella, tamén se confimou o número de efectivos da policía Nacional e o horario no que se contaría coa Unidade de Intervención Rápida.

    O informe engade que o Servizo Municipal de Emerxencias mobilizou durante a Festa da Auga a 20 traballadores e un coordinador. Este realizou o servizo habitual de 24 horas, con vixilancia do castro Alobre e das praias, amais dunha patrulla pola cidade. A maiores, ás 3 da mañá incorporáronse dúas patrullas máis e un posto de socorro. Ás 11 da mañá sumáronse outros dous. Dez persoas máis participaron no dispositivo da Festa da Auga, repartidos en catro puntos para mollar á xente. Ademais, tomáronse precaucións por se houbese que apoiar ó 112 e a Bombeiros do Salnés, e situáronse camións cisterna cheos cerca de vías de circulación libres.

    Redacción Salnés