Veciños de Argalo síntense discriminados polo executivo local de Noia

discriminacionvecinosnoia.jpgNOIA> A asociación Virxe dos Remedios denuncia que en dous anos o goberno non asignou partida orzamentaria alguna para executar obras na zona.

Unha das actuacións máis demandas polos veciños do colectivo Virxe dos Remedios é a colocación de beirarrúas entre os lugares de a Ponte de San Francismo e Argote, ao ser un tramo de estrada moi transitado tanto por vehículos como peóns. Non é a única petición trasladada ao goberno local noiés: tamén precisan novos puntos de luz, arranxo de fontes e lavadoiros públicos e pavimentación e acondicionamento de varios viais da parroquia.

{flowplayer}barbanza/discriminacionvecinosnoia.flv{/flowplayer}

Trato de favor

O colectivo veciñal tamén denuncia que o grupo de goberno local non só discriminar a parroquia, senón que concede trato de favor a uns veciños fronte a outros, tomando parte en varias disputas veciñais, cando o seu deber e velar polo ben común.

Pero para o colectivo veciñal non rematan aquí os agravios comparativos do executivo local noiés. Outro exemplo, dixo Julio Bustelo, aconteceu cando deron parte ao concello do peche por parte dun particular dun camiño público que os veciños de a Ponte de San Francisco utilizan como campo da festa.

Malia dar a coñecer as súas solicitudes en diferentes sesións plenarias e entregadas a través do rexistro municipal, a día de hoxe, a asociación non obtivo respostas por parte do executivo local as súas demandas. Dende o grupo de goberno xa lles dará conta das súas demandas durante a vindeira sesión plenaria que se celebrará en setembro.

Redacción Barbanza