O Concello pon a funcionar tres semáforos para peóns

    pasos_peons100.jpgVILAGARCÍA> O Concello puxo hoxe a funcionar tres semáforos que regulan o cruce de peóns na avenida Rosalía de Castro.

    {flowplayer}images/salnes/pasos_peons.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía puxo hoxe a funcionar tres semáforos que regulan o cruce de peóns na avenida Rosalía de Castro.

    Estes sitúanse no paso de peóns do Centro Social do Ramal (ó inicio da praia da Concha), á altura do Balneario da praia Compostela e outro nun punto intermedio entre estes dous. O proxecto de seguridade viaria na Avenida Rosalía de Castro completarase en breve con outros tres semáforos, un no paso de peóns á altura do Museo do Ferrocarril, outro onde o supermercado e o terceiro diante do centro de diálise.

    Durante as primeiras semanas o sistema permanecerá en fase de proba para determinar os efectos no tráfico rodado. Con esta actuación preténdese dotar de maior seguridade ós peóns que atravesan a Avenida Rosalía de Castro, unha das arterias principais da rede viaria municipal e unha das vías máis densamente poboadas en toda a súa extensión.

    O Concello tamén iniciou xa os traballos para a instalación de dous novos pasos de peóns regulados por semáforo na Avenida de Pontevedra. Colocaranse nas inmediacións do cruce da Laxe (ó carón do Cemiterio Municipal) e á altura do cruce de Perrón.

    Redacción Salnés