Sergio Pazos dá o pregón das festas de Sanxenxo

pregon_sergio_pazos100.jpgSANXENXO> O actor Sergio Pazos abriu onte as festas de San Xenxo e Santa Rosalía cun pregón no que non faltou de nada.

{flowplayer}images/salnes/pregon_sergio_pazos.flv{/flowplayer}

SANXENXO> Onte pola noite as festas de Sanxenxo viviron, nesta ocasión, un pregón onde non faltou de nada. E o encargado de que iso fose así correu a cargo do actor galego Sergio Pazos, que comezou alardeando das agradables temperaturas das que gozamos onte no lugar.

Neste pregón houbo de todo: un exame onde o ourensá puxo a proba ó público sobre a política da zona, unha declaración de amor cara o pobo galego, e ata incluso un nu por parte do seu pregoeiro. O que estivo claro, e que todos os que se achegaron a escoitar a Sergio Pazos puideron gozar dun rato agradable onde o que máis predominou foron as risas da xente.

Tamén onte tivo lugar o nomeamento das raíñas. Cristina González, de 17 anos, corouse como a raíña maior, mentres que a infantil foi a pequena de 9 anos, Ana Fernández. Por outra banda, Lucía Rodríguez-Portugal proclamouse como a raíña turista, esta ourensá de 18 anos declarou que esta vila era para ela como a súa segunda casa, logo de que levase veraneando a Sanxenxo dende fai anos coa súa familia.

Redacción Salnés