A I Feira das Tapas será o novo atractivo gastronómico do verán

    feira_tapas_100_260809.jpgVILAGARCÍA> Celebrarase esta fin de semana no parque Miguel Hernández e contará coa participación de 15 casetas.

    {flowplayer}images/salnes/feira_das_tapas.flv{/flowplayer}

    A concelleira de Turismo de Vilagarcía, Rosa Abuín, acompañada polo presidente da Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía, Roberto Gerpe, e o presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Ramón Dios, presentaron no parque Miguel Hernández, a primeira Feira das Tapas. Durante toda esta fin de semana, neste parque, a xente poderá degustar as diferentes tapas que se exporán nas 15 casetas. Un destes stands, irá destinado a axudar a unha entidade deportiva, nesta ocasión o diñeiro que se recade no mesmo irá a parar ó Arousa.

    Cada caseta elaborará tres tapas diferentes: unha de mexillón, facilitado polo consello regulador; outra que se presentará como a principal de cada stand; e unha terceira para ofrecer unha maior variedade. Ó remate desta feira, as principais tapas de cada caseta conformarán unha guía turística onde se promocionará ás mesmas, e tamén se especificará á xente en que local se encontra cada unha delas.

    O horario ó que poderemos acudir a degustalas irá polas mañás de unha a tres, e polas tardes de oito a once. Os prezos serán populares: unha tapa e unha copa de viño custará 2,50, mentres que seis tapas e unha botella quedará en 12 euros.

    A concelleira de turismo sinalou que esta feira se realizará en próximos anos, inda que a súa data de celebración se trasladará para antes do mes de agosto.

    Redacción Salnés