Portos pide confianza e apoio para rematar o porto de Cabo de Cruz

    portosmodificacionscabo_100_27082009.jpgBOIRO> Asume erros na comunicación das modificacións na construcción do futuro peirao que achaca a falta de técnicos polas vacacións de verán.

    Portos de Galicia vén de recoñecer que debera terlles explicado antes aos usuarios do porto de Cabo de Cruz e os responsables políticos locais as dificultades técnicas detectadas na evolución da obra. O cantil e lodos detectados obrigaron a recortar en sesenta metros o contradique, o que supón o dezaseis por cento da superficie total.

    {flowplayer}barbanza/portosmodificacionscabo.flv{/flowplayer}

    Os técnicos de Portos, na reunión mantida este martes, garantiron a continuidade dos traballos e o mantemento dos usos, abrigos e superficies útiles de atraque iniciais unha vez realizados os reaxustes técnicos, dado que este acurtamento non iterferirá na operatividade prevista inicialmente para o porto. Alén destas garantias, Portos tamén asegurou a sustentabilidade ambiental do proxecto, evitando a afección á praia de Barraña, a zona de marisqueo e ao polígono de bateas.

    Ampliación do investimento

    Asemade, Portos tamén comunicoulles ao integrantes da Comisión a ampliación do investimento previsto, que rolda os 10 millóns de euros, ao estar contempladas algunhas melloras no proxecto, como os accesos ao porto. Por tal motivo, o ente público solicita á Comisión de seguimento das obras confianza e apoio para rematar este proxecto. Co obxectivo de seguir mantendo a fluidez na comunicación cos colectivos implicados, Portos prepara un segunda xuntanza para a vindeira semana na que se tratarán as distintas solucións para o dique.

    Redacción Barbanza