Vilagarcía queimará 600 litros de augardente na Noite das Meigas

queimada100.jpgVILAGARCÍA> Unha decena de poboados espantarán con queimada ás meigas o sábado pola noite en Vilagarcía.

{flowplayer}images/salnes/noites_maxica_meiga.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Unha decena de poboados tratarán de espantar con queimada ás meigas o sábado pola noite en Vilagarcía.

Falamos da Noite das Meigas, que organiza un ano máis o Concello e o colectivo de autónomos UPTA. Nesta edición queimaranse 600 litros de augardente, suficiente para que proben unhas cinco mil persoas. A actividade arrancará ás dez e media da noite cun espectáculo de música folk a cargo do grupo leonés SOG. Será na explanada do Auditorio.

O espectáculo pirotécnico será ás doce menos cuarto na Comandancia militar e a media noite, tralo conxuro, comezará a servirse queimada nos poboados distribuídos polo casco urbano. UPTA reclama a colaboración da hostalería para darlle máis ambiente á festa.

Isto será o sábado, pero mañá celebrarase a Noite Máxica. Da maxia encargaranse os ilusionaistas Willie Monroe e Toni Urdangarín. Será ás dez e media da noite na explanada do Auditorio.

Redacción Salnés