Fernández Lores volve a ocupar o seu posto á fronte da alcaldía

    volvelores_100_280809.jpgPONTEVEDRA> O nacionalista reincorpórase ó traballo dous meses despois de ser operado da columna vertebral.

    {flowplayer}images/salnes/volve_lores.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, reincorporarase oficialmente ás súas obrigacións no Concello o vindeiro luns, e presidirá xa a Xunta de Goberno local. Pero hoxe xa se deixou ver polo concello, onde se entrevistou coa alcaldesa en funcións Teresa Casal. Lores considera que na súa ausencia o Concello funcionou perfectamente.

    Lores volve ó Concello despois de dous meses de baixa, tras ser operado da columna. Volve con algún quilo de menos pero con folgos abondo.

    A súa substituta, Teresa Casal, asegura que nestes dous meses tiveron moito traballo no Concello con asuntos de relevancia en materia urbanística e tamén polas festas da Peregrina. Agradeceu a colaboración dos edís e do gabinete da alcaldía por facerlle máis doada esta responsabilidade.

    Teresa Casal tamén se referiu ás obras do aparcamento da praza de España, que se pararon onte ó aparecer gretas no edificio da Subdelegación do Goberno. Os técnicos aseguran que se debe á capa freática, e que en canto se deseque, nuns días se poderá continuar o traballo nesta zona. O resto da obra segue adiante.

    Redacción Salnés