Os alumnos do Obradoiro de Emprego inician as clases prácticas

    obradoiroempregoboiro_100_28082009.jpgBOIRO> O alcalde e a edil Emprego  inspeccionaron os traballos de reconstrución de parte do muro do campo de fútbol da Lampón.

    O alcalde de Boiro, Xosé Deira e a edil de Promoción e Emprego, Dores Torrado visitaron aos alumnos do obradoiro de emprego “Viveiro de empresas” que están a realizar unha actuación no campo de fútbol da Mina, no lugar de Lampón.

    {flowplayer}barbanza/obradoiroempregoboiro.flv{/flowplayer}

    Este obradoiro, que se iniciou no mes de xullo, está subvencionado pola Consellería de Traballo cunha achega de 548 mil euros. O taller arrincou no mes de xullo en el participan 26 alumnos, trece na especialidade de albanelería e outros tantos en carpintería. Nestes case dous meses, recibiron formación teorica sobre o traballo a desenvolver e familiarizáronse co equipamento e o material.

    Colectivos desfavorecidos

    Hai uns días iniciaron o traballo práctico: arranxan o muro lateral de peche do campo de fútbol de Lampón. O perfil do alumnado escolleuse seguindo criterios de selección no que primaron determinados colectivos con dificultade a hora de atopar traballo como mulleres, parados de longa duración, inmigrantes ou persoas con algun tipo de discapacidade.

    O cincuenta e catro por cento dos alumnos teñen cargas familiares, o vinte e tres por cento son victimas violencia de xénero e máis da metade levaba preto de tres anos en situación de desemprego. A meirande parte deles reciben, asemade, formación complementaria para acceder aos estudios obrigatorios, dado que trinta e oito por cento do alumnos no ten ningun tipo de certificado de escolaridade.

    Canda os coñecementos propios da súa especialidade, aos alumnos tamén se lles imparten módulos utis na futura inserción laboral como prevención de riscos laborais, informática, técnicas de busca de emprego ou educación ambiental.

    A partir do mes de outubro comezarán os traballos de construción dun edificio de servizos múltiples que albergará un viveiro de empresas no polígono industrial de Espiñeira, principal obxectivo da posta en marcha deste obradoiro. Están a espera de que rematen as obras dun centro de formación a cargo dos Fondos anticrise que se executan no mesmo inmoble.

    Redacción Barbanza