Un centro de BTT e o Xacobeo, futuros atractivos turísticos da provincia

    reunion_louzan_carmenpardo_100_310809.jpgPONTEVEDRA> A secretaria de Cultura e Turismo da Xunta reuniuse co presidente da Deputación para valorar as novas iniciativas en materia turística.

    {flowplayer}images/salnes/310809_louzan_carmen_pardo.flv{/flowplayer}

    Pontevedra é unha das provincias que máis fluxo de turistas atrae durante os meses de verán. Á falta dos datos globais, durante o mes de xullo a ocupación turística superou o 70 por cento, e as previsións para este mes de agosto eran superar o 85 por cento. Con estes datos á vista, a Secretaria de Cultura e Turismo, Carmen Pardo, reuníase co presidente da Deputación de Pontevedra para valorar futuros proxectos que atraian máis visitantes á provincia. O primeiro deles: a creación do primeiro centro de bicicletas todo terreo de Galicia.

    Pero o atractivo turístico por excelencia de Galicia será o Xacobeo 2010. Tamén o Ano Santo tivo oco nesta reunión. Carmen Pardo asegurou que se deseñará unha programación moi deslocalizada para promocionar toda a comunidade, e non só Santiago. Tanto a secretaria de turismo como o presidente da Deputación confirmaron que se vai potenciar o camiño portugués pola costa. 

    A secretaria de Turismo expuxo tamén a necesidade de crear a nivel galego un Observatorio do Turismo que ofreza datos rigorosos proporcionados polo sector. Un organismo que na actualidade non existe. Polo de agora, os últimos datos que se barallan son os ofrecidos polo Instituto Nacional de Estatística, que a 31 de xullo falaban dunha diminución dun 1 por cento nos viaxeiros que se achegaron a Galicia e un 1,1 por cento nas pernoctacións con respecto ó 2008.

    Redacción Salnés