Acuanorte presenta o novo proxecto de abastecemento de auga na ría

    acuanorte_100_010909.jpgPONTEVEDRA> Con esta actuación prevese rematar cos problemas de subministro que afectan a concellos como Pontevedra, Sanxenxo ou Poio.

    {flowplayer}images/salnes/010909_reunion_acuanorte.flv{/flowplayer}

    Acuanorte é a entidade do Ministerio de Medio Ambiente encargada de xestionar as obras públicas hidráulicas. O seu presidente, Jorge, Marquinez, presentou en Pontevedra o proxecto definitivo sobre o novo abastecemento de auga que se vai a levar a cabo nesta provincia e a súa ría. O novo documento inclúe tódalas suxestións que os alcaldes dos municipios implicados realizaran á anterior proposta presentada en xullo. Trátase dos concellos de Pontevedra, Marín, Sanxenxo, Poio, Bueu e Vilaboa. Todos eles asistiron á xuntanza celebrada na subdelegación do Goberno en Pontevedra, á que tamén asistiron o delegado do Executivo estatal en Galicia, Antón Louro e o subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández.

    No documento, Acuanorte sinala unha serie de obras como prioritarias para ampliar a capacidade de abastecemento da actual estación de tratamento de auga potable do Lérez: a execución de seis novos depósitos e outras tantas plantas de bombeo. Estas actuacións contarán cun orzamento próximo ós 41 millóns e medio de euros. O Ministerio de Medio Ambiente aportará 18 millóns a fondo perdido, Acuanorte nove, e os 14 millóns restantes correran a cargo dos concellos beneficiarios.

    Segundo os cálculos de Acuanorte, este mesmo mes de setembro sairá a licitación a redacción do anteproxecto, o ano que vén licitaríase o proxecto, e de cumprirse os prazos, no 2013 as obras poderían estar rematadas.

    Redacción Salnés