Un ancián falece tras pasar dous días tendido no chan da súa casa

    ancian_castrelo_100_010909.jpgCAMBADOS> O home, de 84 anos, vivía coa súa dona, que non o puido socorrer ó estar encamada desde hai anos.

    {flowplayer}images/salnes/010909_ancian_morto_castrelo.flv{/flowplayer}

    Foron dous longos días nos que ningún dos habitantes de A Revolta, na parroquia cambadesa de Castrelo, viron pola zona a un dos seus veciños. Un ancián de 84 anos que vivía na compaña da súa dona, tamén octoxenaria. Él encargábase de coidar á súa muller, impedida e sen poder moverse da cama desde hai tempo. Foi a panadeira, sospeitando que ocorría algo estraño, quen deu a voz de alarma.

    Pouco despois, a media mañá, chegaban ó lugar os axentes da Policía Local e Garda Civil de Cambados. Eles atoparon ó home tendido no chan.

    Dúas ambulancias trasladáronse ata o lugar para atender á parella de anciáns. O home foi trasladado primeiro ó Punto de Atención Continuada de Cambados, e logo ó hospital do Salnés. A media tarde, falecía. A muller tamén foi trasladada ó hospital do Salnés para comprobar o seu estado de saúde. Segundo os veciños, serán agora familiares seus os que se fagan cargo do seu coidado.

    Redacción Salnés