Medio Ambiente adxudica o plan de saneamento da ría noiesa

adxudicacionsaneamentonoia_100_07092009.jpgNOIA> O proxecto, que contempla a remodelación dos equipos electromecánicos e da EDAR, conta cun orzamento de máis de 175 mil euros.

O Diario Oficial de Galicia acaba de publica o anuncio de licitación de cinco obras hidráulicas finanaciadas pola Consellería de Medio Ambiente por un importe próximo ó millón de euros. Entre elas figura a mellora da rede de saneamento de Noia co que o concello da un paso máis cara o tan demandado e necesario saneamento da ría.

{flowplayer}barbanza/adxudicacionsaneamentonoia.flv{/flowplayer}

O proxecto inclúe a remodelación dos equipos electromecánicos e e a obra civil da estación depuradora de augas residuais. Unha vez acometidas as obras, que contan cun prazo de execución de tres meses, mellorarase o rendemento da EDAR que trata os vertidos dunha poboación de vinte mil habitantes.

A empresa responsable dos traballos será GESECO que conta cun importe de 175 mil euros para a súa execución. Esta obra vense de adxudicar xunto coas melloras nas redes de saneamento e abastecemento doutros concellos galegos como Sanxenxo, Boqueixón, Ourense ou Tui. Enmárcanse no plan da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o saneamento integral da rías galegas.

Redacción Barbanza