O subdelegado do Goberno supervisa as obras con cargo ó Plan E

    subdelegado_goberno_poio_100_070909.jpgPOIO> Delfín Fernández visitou as actuacións do Pavillón de Deportes e o Parque da Memoria. Todas marchan a bo ritmo e, de seguir así, estarán remadas en decembro.

    {flowplayer}images/salnes/070909_subdelegado_goberno_poio.flv{/flowplayer}

    En Poio comezan a ver os primeiros resultados do Plan Estatal de Investimento Local. Os preto de 2.700.000 euros que recibiron do goberno central estanse a investir en proxectos nos que o executivo local levaba tempo traballando, pero que se atopaban parados á espera de financiamento. As actuacións que van máis adiantadas son as do Parque da Memoria, na Seca, e o acondicionamento da Finca Costa Giráldez. Se os traballos marchan como ata agora, poderían estar rematadas o mes que vén.

     Máis retrasadas van as obras na Casa Museo de Cristóbal Colón. Despois de que o concello adquirise e restaurase as edificacións nas que se sitúa, agora o proxecto verase completado cos fondos do Plan E. Está deseñado como un espazo dedicado á cultura marítima da zona, e contempla unha oficina, unha pequena biblioteca e unha sala de exposicións.

    Outra das actuacións que vai a paso lento é a recuperación da finca da antiga fábrica de Ancar. A intención do executivo local é acondicionar a parcela para o goce dos veciños, con parques infantís, postas de xogo, unha senda peonil e diverso mobiliario urbano.

    A pesar destes retrasos, tanto a subdelegación do goberno como o concello agardan axustarse ós prazos, e que tódalas obras estean rematadas en decembro deste ano.

    Redacción Salnés