O Vilalonga puxo o fútbol pero o Céltiga levouse os puntos

derbi250_070909.jpgILLA> Por primeira vez na historia, nun enfrontamento entre ambos na de Terceira División, o Céltiga gañoulle como local ó Vilalonga. Á sexta foi a vencida, pese a que os celestes mereceron moito máis, tras dominar durante os 90 minutos.

{flowplayer}images/salnes/derbi_070909.flv{/flowplayer} 

Cinco veces se enfrontaran o Céltiga e o Vilalonga na Illa, en partido de Terceira División, e as cinco gañaran os visitantes. Desta volta, por fin, o cadro local puido reter a victoria, sen embargo, é a vez que máis lonxe estivo de merecelo, por futbol. Porque o Vilalonga dominou, xogou e tivo as ocasións, pero non matou. Algo que sí fixo un Céltiga ó que se lle pode pedir máis de cara ó espectáculo, pero que foi práctico a máis non poder.

A primeira metade rematou 2-0, resultado difícil de entender polo visto sobre o céspede. Tras un aviso de Saúl no minuto 10, Cardeñosa e Machu engancháronse no área. O colexiado non o dubidou e sinalou penalti. Era o minuto 15 e o Vilalonga perdoaba por primeira vez. Saúl tirou fóra.

Cardeñosa, que completou un gran encontro, foi o primeiro en probar a portería rival. O seu centro envelenouse pero despexouno ben Pazos. Pouco despois, á saída dun corner, o propio Cardeñosa facía o 1-0 coa testa. O partido xogarase en campo do Céltiga por completo, pero a primeira que tiveron os da Illa, aproveitárona.

Lonxe de virse abaixo o Vilalonga buscou antes do descanso o tanto da igualada. Jacinto lanzou ó longueiro, tras rozar Marcos o esférico. Dous minutos despois, no 39, chegaba o mazazo para o Vilalonga, en forma de autogol. A sorte aliouse co Céltiga e Gerardo desviou á portería un centro de Manu Conles. 2-0.

Antes do saque de centro facía a súa entrada no campo a nova fichaxe do Vilalonga, o lateral italo-arxentino Leo, que asinou un gran debut.

Preto do 45′ chegaba o segundo poste dos visitantes. Desta volta era Melchor o que se quedaba ás portas do gol.

O descanso veulle ben ó Celtiga que se asentou moito mellor en mediocampo e minimizou as chegadas dos de Gabi Leis.

O ritmo do encontro decaeu no segundo tempo e as ocasións foron escasas. Tan só Melchor semellaba crear perigo coas súas internadas pola banda esquerda. Sería el o que reduciría diferencias a tres para o final cun libre directo que non puido atallar Marcos.

Con todo, o gol chegou demasiado tarde para os intereses dos celestes que nada pudieron facer nos últimos minutos ante un Céltiga que soubo facer morrer o partido. O derbi e os puntos, quedaron así no Salvador Otero.

Redacción Salnés