Cae o peche dunha finca días despois de ser executado pola Xunta

    peche_100.jpgVILAGARCIA> Un matrimonio de Cornazo en Vilagarcía denuncia a desidia da Xunta de Galicia no entorno onde residen, no lugar do Outeiro.

    {flowplayer}images/salnes/080909_peche_casa_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    A orixe dos feitos hai que buscala na construcción dun peche da súa finca, que linda ca estrada que baixa de Lobeira a Vilagarcía. Aquí, responsables da empresa Hidroscivil comprometéronse a refacer o muro e peche da súa finca, logo de derrubar o anterior e de que os propietarios cederan case 2 metros de ancho ó longo da mesma.

    Trala caída deste débil peche a escasos días de que o colocasen, esta veciña acudiu o Concello para intentar que intermediasen ante a Xunta de Galicia, promotora das obras, para buscar unha solución. A única resposta que obtivo foi un balado provisional con cinta de obra que non resta nin un chisco de perigosidade a este peche que se encontra despois dunha estreita curva con escasa visibilidade.

    Ós defectos desta obra hai que engadir a entrada a esta finca que, de novo tralo compromiso incumprido da empresa, presenta un treito sen asfaltar e un importante desnivel que supón un serio inconvinte para os coches que acceden e os viandantes que transitan por este lugar. Ante este cúmulo de incongruencias, Doval Serantes e o seu marido pide que se actúe canto antes para solucionar este perigo en potencia antes de que os males sexan maiores agora que vai vir a tempada das chuvias.

    Redacción Salnés