Os comercios locais dan saída ós seus stocks na Poiomostra

    poiomostra_100_100909.jpgPOIO> A directora xeral de Comercio, Nava Castro, avanzou na inauguración da feira algúns detalles da nova Lei que prepara o seu gabinete.

    {flowplayer}images/salnes/110909_feira_oportunidades_poio.flv{/flowplayer}

    Poiomostra, a feira de oportunidades dos comerciantes de Poio abriu as súas portes. Desde hoxe e ata o domingo, calquera pode achegarse ata o pavillón Municipal da Seca para ir de escaparates e, se o desexa, mercar diferentes tipos de artigos a prezos vantaxosos. Aquí, os comerciantes locais e mesmo dalgún outro concello galego intentará dar saída a súa mercadoría de tempadas anteriores e mesmo algún que outro avance desta tempada de outono.

    O acto de inauguración desta mostra contou coa presencia da directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, María Nava Castro e o alcalde local, o nacionalista Luciano Sobral. Ámbolos dous coincidiron en prognosticar os mellores resultados desta actividade, malia estes tempos de crise.

    A representante do goberno autonómico aproveitou a presencia masiva de comerciantes e veciños para dar a coñecer algúns pormenores da Lei de Comercio que prepara o seu gabinete.

    Nesta feira de mostras colaboran o Concello de Poio e a Deputación de Pontevedra, así como as asociacións xuvenís locais Mare Podio, que organiza unha exposición das festas de máis raizame neste concello, como é a dos maios, a asociación apoio, que organiza un desfile de moda; e o clube mariño Reiboa, que argalla unha exposición de maquetas e unha mostra retrospectiva sobre as actividades que desenvolven ó longo do ano. Nesta feira hai tamén cadanseu local dedicado ós outros dous piares da economía neste concello: o turismo e o mar.

    Redacción Salnés