25 voluntarios aprenden sobre os coidados ás persoas dependentes

    curso_atencion_dependentes_100_140909.jpgVILAGARCÍA> O curso promovido pola concellería de Xuventude ensina habilidades sociais, primeiros auxilios ou técnicas de mobilidade.

    {flowplayer}images/salnes/140909_curso_atencion_dependentes.flv{/flowplayer}

    A concellería de Xuventude de Vilagarcía segue a reforzar a rede de apoio social que existe no concello, desta volta coa convocatorio dun curso dirixido ó colectivo de voluntarios. Durante dúas semanas, os 25 participantes aprenderán técnicas para poder axudar nun futuro ás persoas dependentes coas que traballen. Desde como interactuar con elas ata os métodos máis axeitados para movelas se teñen algunha discapacidade física ou incluso primeiros auxilios. Unha formación básica que tamén lles servirá a nivel doméstico, xa que algúns dos participantes teñen preto a persoas con algún grao de dependencia.

    Trátase dun curso moi demandado. De feito, as 25 prazas dispoñibles cubríronse en apenas dous días despois de abrirse o prazo de inscrición. Esta tarde tivo lugar a primeira das dez sesións. En total serán 30 horas lectivas, con clases teóricas e prácticas. O final, os voluntarios recibirán un certificado que contemplará os coñecementos adquiridos e poder prestar xa o seu servizo como voluntarios.

    Redacción Salnés