Castroagudín reclama á Xunta as melloras prometidas

    asemblea_castroagudin100.jpgVILAGARCÍA> Os veciños de Castroagudín están dispostos a mobilizarse de novo para esixirlle á Xunta de Galicia que respecte os acordos …

    {flowplayer}images/salnes/asemblea_castroagudin.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os veciños de Castroagudín están dispostos a mobilizarse de novo para esixirlle á Xunta de Galicia que respecte os acordos acadados co anterior goberno galego. Refírense ás melloras prometidas entón como compensación polas repercusións das obras da variante norte.

    Onte celebrouse unha asemblea de veciños, e entre outras medidas, acordouse dirixir as súas queixas ó pleno de Vilagarcía, para que o Concello medie ante a administración autonómica. Os veciños lembran que tralas protestas polas obras da circunvalación, o anterior goberno da Xunta lles prometeu melloras na localidade.

    De feito, en setembro do pasado ano, a anterior conselleira María Xosé Caride asinaba un convenio de financiamento por 485 mil euros para obras re recuperación do entorno máis urbano de Castroagudín. Tamén daquela se acordaba a execución dunha senda peonil. Algunhas das actuacións comezaron a executarse, pero chegou o cambio de goberno, e, de momento non hai movementos. Os veciños detectaron en maio numerosas deficiencias nas obras da variante norte e remitiron un escrito á Xunta, do que inda non tiveron resposta.

    Na asemblea de onte tamén se manifestou o malestar dos veciños pola construción do polígono do Pousadoiro. Segundo indican, as canalizacións de pluviais non son suficientes para recoller a auga que procede das edificacións polo que terminan anegándolles as fincas.

    Redacción Salnés