Tiago Costa adxudícase a XXV Carreira Popular de Meaño

carreira250_140909.jpgMEAÑO> Esta fin de semana disputouse a edución número 25 da Carreira Popular de Meaño, que tivo claro protagonismo portugués. Tiago Costa venceu na categoría masculina mentres que Claudia Pereira fíxoo entre as mulleres.

{flowplayer}images/salnes/carreiraMeano_140909.flv{/flowplayer}

Nas súas vodas de prata, a Carreira Popular de Meaño batíu o seu récord de participación. Nesta ocasión foron 717 atletas os que se deron cita nesta proba.

E foron dous portugueses os que venceron en categoría absoluta. Na masculina, Tiago Costa, que soprendentemente se impuxo ó resto dos seus rivais para completar o percrrido de 6.300 metros en 18’51”. Un dos grandes favoritos á victoria final e recordman da proba, Jesús de la Funete, liderou a carreira durante máis de catro quilómetros impoñendo un ritmo co que deixou atrás ós seus rivais. Pero no tramo final as forzas non lle acompañaron, algo que aproveitou Costa. O luso fixo unha carreira de menos a máis que lle valeu a victoria para levarse consigo o premio que outorgaba a adega Rosalía de Castro: o peso do vencedor en viño.

Tras De la Funete, que entrou segundo, finalizaron o tamén portugués Jorge Santa Cruz, e os galegos Daniel Bargiela e Santiago López, que foron cuarto e quinto respectivamente.

Na categoría femenina, esas cinco primeiras posicións foron todas elas para mulleres do país veciño. Claudia Pereira venceu con autoridade, cun rexistro de 21’05", aventaxando en 33 segundos a Leonor Carneiro. Catarina Ribeiro, Salomé Rocha e Patricia Pereira completaron o pleno portugués.

A carreira converteuse nunha auténtica festa popular na que participou xente de tódalas idades. O pistoletazo de saída deuno o mundialista Pedro Nimo, que non puido correr por estar lesionado.

Redacción Salnés