Un banco de tempo para intercambiar solidariedade

    banco_de_tempo100.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá instalouse na Praza de Galicia, en Vilagarcía, unha carpa para informar á xente sobre o Banco de Tempo.

    {flowplayer}images/salnes/banco_de_tempo.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Fai aproximadamente un mes abriu en Vilagarcía un novo banco, o do tempo. Pero este non é como os demais, posto que en vez de traballar con diñeiro, trabállase con tempo .

    O que se pretende con esta iniciativa, posta en marcha polo Concello, é promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral a través do intercambio de servizos e coñecementos. Este banco está aberto a todas aquelas persoas que desexen axudar e que sexan maiores de idade.

    O único que teñen que facer é cubrir un formulario e entregalo no concello ou na Asociación de Mulleres Mestura, que tamén participa nesta actividade. Con ela permítese revitalizar a vida da comunidade, onde todos son iguais e onde todos poden aportar algo.

    Este é un dos seus obxectivo, que hoxe pola mañá se intentou transmitir á poboación vilagarciá nunha carpa informativa instala na Praza de Galicia, que tivo unha boa acollida por parte da xente. O Banco de Tempo traballa en todo o mundo dende fai moitos anos. En España xa hai moitas comunidades que contan con el, agora chegou a Vilagarcía para intercambiar solidariedade.

    Redacción Salnés