A Feira Mundial da Pesca abre co reto de impulsar o sector de xeito sostible

worldfishing_100_160909.jpgVIGO> A mostra reune máis de 800 expositores de 80 países nos que se presentan as últimas novidades en tecnoloxía pesqueira e acuícola.

{flowplayer}images/salnes/160909_world_fishing.flv{/flowplayer}

A sexta edición da Feira Internacional da Pesca que acolle Vigo chega nun momento crucial para o sector. Na actualidade, aproximadamente 47,5 millóns de persoas en todo o mundo viven de traballos vinculados ó mar. A pesca segue a ser unha actividade base na economía global, de aí a necesidade de seguir innovando e buscando estratexias de explotación sostibles e respectuosas co medio. Este é o reto co que chegan a Vigo os máis de 80 países que participan na mostra. E este tamén se amosa como o segredo para que o sector sortee con éxito a actual crise financeira. Así o resaltou no acto inaugural a Ministra española de Medio Ambiente, Rural e Mariño Elena Espinosa.

Un desenvolvemento sostible do que se poden observar algúns exemplos ó longo dos máis de 800 expositores que compoñen a mostra. Como os fertilizantes ou complexos alimenticios destinados ó consumo avícola que se presentan dentro do stand da Xunta de Galicia. E é que para a nosa comunidade, este sector é un dos seus piares tanto económico como social. Por iso, o presidente do Goberno Autonómico, Alberto Núñez Feijoo, aproveitou a inauguración desta Feira para reivindicar que Galicia recupere a ilusión polo mar.

A World Fisinhg Exhibition é o mellor escaparate para coñecer tamén os últimos avances técnicos no ámbito da pesca e acuicultura: desde novos modelos de bateas para a cría de mexillón ata gaiolas para o cultivo de peixes en mar aberto. Ademais, de xeito paralelo á mostra están a ter lugar diversos encontros sectoriais, como o primeiro Cumio Mundial sobre Sostenibilidade Pesqueira ou a quinta Conferencia Mundial de Ministros de Pesca.

Redacción Salnés