Jorge López representará a Vilanova no Congreso provincial do PSOE

    jorge_100.jpgVILANOVA> O PSOE de Vilanova ven de escoller a Jorge María López, actual secretario da Xestora socialista neste concello, como delegado de cara a…

    {flowplayer}images/salnes/160909_psoe_vilanova.flv{/flowplayer}

    … vindeira asemblea provincial do partido, que terá lugar o vindeiro día 3 outubro. López saíu escollido por escasos votos fronte a outra candidatura paralela presentada por unha compañeira de partido. Malia o axustado da votación Jorge López agradeceu a confianza dos resto dos afiliados de cara ó novo congreso. Neste conclave López dará de seguro a súa confianza á candidatura que lidera Modesto Pose, o actual Secretario Xeral do Partido nesta provincia.

    Nesta nova xuntanza socialista, López intentará recadar forzas para emprender unha nova etapa creativa no seo do partido socialista vilanovés, co ánimo de que chegue a supoñer unha serie alternativa de goberno neste Concello que necesita- segundo el – romper ca desidia das últimas décadas.

    Este vilanovés veuse contaxiado polo clima de optimismo que está atravesando o partido no que milita nesta nova etapa, tal e como percibiu na festa da rosa que celebrou o PSdeG-PSOE esta fin de semana en Vilagarcía.

    Redacción Salnés