A Comunidade de Montes de Curro inaugura a súa área Recreativa

    parque_100.jpgBARRO> Este é o aspecto da nova Área Recreativa e Deportiva que a Comunidade de Montes de Curro ven de construír no Lugar de Fonte de Curro.

    {flowplayer}images/salnes/170909_complexo_deportivo_curro.flv{/flowplayer}

     Un total de 14.000 metros cadrados nos que se dispoñen de varias instalacións para ocupar o tempo de lecer dos veciños, ben sexan pequenos ou maiores. Esta infraestructura foi construída pola propia Comunidade de Montes con preto de 500.000 euros procedentes das súas propias arcas. Uns fondos que recibiron pola expropiación dos terreos onde está ubicado o Polígono Industrial Barro- Meis.

    A idea de empregar os cartos nestas completas instalacións xurdiu da necesidade dos veciños de contar cunha área de esparcemento.

     Aínda que os veciños xa están dando boa conta deste espazo, será o domingo cando se inaugure de xeito oficial, cunha comida campestre, amenizada por un par de orquestras. Ó acto de apertura está previsto que asistan varias autoridades municipais, provinciais e da Xunta de Galicia, aínda por rematar de confirmar.

    Redacción Salnés