As ilegalidades urbanísticas afogan ao concello de Porto do Son

axenciaurbanisticaportoson_100_17092009.jpgPORTO DO SON> O executivo sonense púxose en contacto ca Axencia de Legalidade Urbanística da Xunta para adherirse a este servizo.

Tralas últimas resolucións que obrigan ó derrube de construcións no concello de Porto do Son por carecer de licenza, o executivo púxose en contacto ca Axencia de Legalidade Urbanística da Xunta para ver a posibilidade de que o concello poda adherirse a este servizo.

{flowplayer}barbanza/axenciaurbanisticaportoson.flv{/flowplayer}

Na actualidade, a administración local non dispón de medios suficientes para facer fronte á gran cantidade de expedientes abertos por supostas ilegalidades urbanísiticas.

Aprobación plenaria

A posibilidade de adhesión levarase a pleno a próximo venres día 25 xunto con outros asuntos que compoñen a orde do día. Entre eles, a necesidade de mellora nun treito da estrada entre Ventoso e Balteiros polo que se lle solicitará a medio rural a súa pavimentación e mellora nos accesos. Tamén se someterá a votación a proposta do plan de cooperación dos concellos que inclúe o proxecto da rede de abastecemento da zona norte do concello.

Na sesión debaterase tamén a adhesión do concello ó proxecto da Marcha Mundial Pola Paz e Non Violencia que se iniciará o día 2 de outubro en Nova Zelanda e rematará o 2 de xaneiro de 2010 no Aconcagua.

Procederase ademais á aprobación definitiva do Plan Especial do Castro de Baroña, a proposta dos festivos locais para o próximo ano ou o cambio de nome da rúa Boas Aires polo de Jorge Lorenzo posto que o campión de motociclismo ten as súas orixes en Porto do Son, de onde é natural o seu pai.

Redacción Barbanza