O BNG de Noia denuncia a paralización do proxecto da Galescola

bngnoiagalescola_100_17092009.jpgNOIA> O proxecto, aprobado polo anterior goberno autonómico, xa contaba coa financiación e os terreos necesarios para a súa execución.

Dende a agrupación nacionalista non entenden os motivos que levaron ó goberno da Xunta a paralizar un proxecto tan importante para Noia, que prestaría este servizo público tan demandado por moitas familias da comarca.

O anterior proxecto, froito dun convenio coa daquela Consellería da Vicepresedencia, tan só estaba pendente de licitación posto que para a súa financiación contaban cunha subvención do cincuenta por cento do Ministerio de Educación mentres que o resto sería sufragado pola administración autonómica.

{flowplayer}barbanza/bngnoiagalescola.flv{/flowplayer}

Ademais o concello xa puxera os terreos a disposición da Xunta; uns terreos que agora, co cambio de trazado da variante, xa non son aptos para urbanizar.

Dende o grupo parlamentario do BNG xa se teñen interesado anteriormente por esta cuestión, presentando unha pregunta para a súa resposta escrita. Resposta na que a Xunta xustifica a paralización do proxecto pola existencia dun informe negativo que sinala que se excede a ratio prezo-metro cadrado prestablecida para as obras.

Esta cuestión é, segundo os nacionalistas facilmente solventable, polo que seguirán a demandar a construción da escola infantil. Hoxe mesmo, rexistraron no parlamento unha proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a retomar o proxecto.

Redacción Barbanza