Turismo compromete o seu apoio para dinamizar o sector na Pobra

    secretariaxeralturismopobra_100_180909.jpgPOBRA> A secretaria xeral de Turismo mantivo unha xuntanza cos empresarios  integrados na Asociación de Empresarios Turísticos Arousa Norte.

    {flowplayer}barbanza/secretariaxeralturismopobra.flv{/flowplayer}

    Entre as iniciativas turísticas propostas polos empresarios pobreses destaca a promoción da Ruta Xacobea do Mar de Arousa de cara ao Ano Santo do 2010. Tal e como explicou o presidente de AETAN, Manuel Domingo, existen innumerables puntos de interese turística neste roteiro, sobretodo, se se ten en conta que foi o itinerario escollido polos discípulos do Apóstolo Santiago para trasladar os seus restos a Galicia.

    Lixeiro repunte

    O empresariado pobrés tamén lle fixo chegar a responsable autonómica os datos do sector nesta temporada de verán que está a piques de pecharse. En liñas xerais, malia que houbo un recorte nos días de estadía, notouse un lixeiro incremento no número de visitantes atribuído, en parte, a posta en marcha da nova autovía.

    Asemade, lle informaron das negociación abertas co Patronato de Turismo Rias Baixas para incluir a comarca da Barbanza baixo o paraugas desta denominación, do malogrado consorcio turístico Arousa Norte e da competencia desleal que supón para o sector as áreas de autocaravanas.

    Pola súa banda, o alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras aproveitou a visita de Carmen Pardo para presentarlle o anteproxecto de remodelación da fonte do Emigrante, emprazada nos xardíns de Valle-Inclán.

    Interese turístico nacional

    Ademáis, o rexedor pobrés anunciou que en breve se iniciarán os trámites co Ministerio de Turismo para declarar de interese turístico nacional a Procesión das Mortallas do Nazareno.

    A Secretaría Xeral de Turismo mostrouse moi receptiva a todas as propostas e convidou aos empresarios a solicitar unha próxima xuntanza para abordar máis polo miúdo todas estas iniciativas encaminadas a afianzar as potencialidades turísticas da comarca da Barbanza.

    Redacción Barbanza