Gustavo César Veloso recibe a súa homenaxe en Vilagarcía

veloso250_240909.jpgVILAGARCÍA> Vilagarcía homenaxeou ó seu mellor ciclista, Gustavo César Veloso. O de Bamio recibíu o calor dos seus conveciños nunha serie de actos que principiaron coa concentración de bicicletas no Cavadelo e remataron en Ravella, onde a alcaldesa lle entregou unha placa conmemorativa.

{flowplayer}images/salnes/veloso_240909.flv{/flowplayer} 

Preto dun centenar de persoas quixeron recibir onte a Gustavo César Veloso, novo heroe dos rapaces vilagarciáns logo dos seus éxitos na Volta a España. Primeiro foi no Cavadelo cunha concentración de biclicletas onde pequenos e maiores aproveitaron a ocasión para fotografiarse e charlar co protagonista. De ahí, en bici a Ravella onde foi recibidio pola corporación municipal.

Veloso venceu na novena etapa con final no alto de Xorret de Cati, foi cuarto na crono de Toledo e ademais contribuíu de xeito primordial á victoria do Xacobeo na xeral por equipos. Quizáis onte, a homenaxe non estivo preparada acorde cos seus éxitos.

Veloso recibíu posteriomente unha placa conmemorativa de mans da alcaldesa. Ó acto deulle corido a música da Banda Municipal así como os gritos e felicitacións de amigos e coñecidos de Gustavo, moitos deles compañeiros do Club Ciclista Cambados, ou tamén do Xiabre, BTT ou Lobeira.

Redacción Salnés