Os traballadores de Muebles Carballo volven a mobilizarse

    foto_carballo_100.jpgVILAGARCIA> Os traballadores de Muebles Carballo de Vilagarcía volveron á saír á rúa para reivindicar os seus dereitos laborais. A empresa para a…

    {flowplayer}images/salnes/250909_muebles_carballo.flv{/flowplayer}

    … que traballan decidiu acceder á lei concursal e presumiblemente, nos vindeiros días pedirá un ERE de suspensión de actividade que dará como resultado ó despedimento dos seus 17 traballadores que compoñen esta empresa, ubicada, tanto a factoría como a nave de exposición, en Rubiáns.

    A totalidade dos traballadores está unida na súa reivindicación de reclamar a cantidade que se lle adebeda e de que se lles de conta do proceso no que, sen querelo, se atopan inmersos.

    Nesta marcha que realizaron deste a factoría ata o edificio de exposicións e atención ó público, os empregados pediron unha vez máis que se lles dea unha solución, ou alomenos, que se lles trate co debido respecto.

    Nos vindeiros días estes traballadores seguirán cas súas mobilizacións ata conseguir un trato digno por parte da empresa á que dedicaron decenas de anos de traballo.

    Redacción Salnés