Os bombeiros contan cun novo campo de adestramento

    bombeiros100_300909.jpgSALNÉS> Permitiralles adestrarse para facer fronte a fugas tóxicas, incendios orixinados por algún escape de gas ou vertidos de hidrocarburos.

    {flowplayer}images/salnes/300909_BOMBEIROS_SALNES.flv{/flowplayer} 

    O Consorcio de Servizos Contraincendios do Salnés vén de recuperar a parcela situada detrás do Parque de Bombeiros de Ribadumia para crear un novo campo de adestramento. Está situado na parte traseira do parque de Ribadumia e tamén poderán facer uso del outros corpos como a Garda Civil, a Policía ou as agrupacións de Protección Civil.O espazo, de arredor de 2.000 metros cadrados, acondicionouse con diverso material especializado para que os equipos de extinción melloren a capacidade de resposta ante fugas tóxicas, escapes de gas ou lumes orixinados por derrames de hidrocarburos.

    Este campo multidisciplinar complétase cunha bandexa de hidrocarburos e unha galería soterrada de máis de 80 metros de lonxitude na que se practicará o rescate de vítimas baixo terra coa unidade canina. Segundo explicou o xerente do Consorcio, Miguel Ángel Pérez, nos dous últimos anos o Consorcio comarcal investiu arredor de 150.000 euros en mellorar as instalacións do parque de Ribadumia e a subsede de Vilagarcía. Unhas reformas que seguirán potenciando en colaboracións coa Deputación de Pontevedra e a Xunta, ademais da creación de novos parques tanto na provincia como noutros puntos de Galicia.

    Pero os bombeiros do Salnés non serán os únicos que fagan uso deste campo de adestramento. A instalación estará aberta a todas aquelas unidades de emerxencia da zona que precisen facer prácticas nel, como a Garda Civil, Policía ou dotacións de Protección Civil.

    Redacción Salnés