O ex-xefe da policía local iniciará accións xudiciais contra o concello

polinoiaviaxudicial_100_011009.jpgNOIA> A Asociación Galega de Xefes de Policía e as distintas organizacións sindicais instan á Xunta a abrir un proceso xudicial contra o concello de Noia.

{flowplayer}barbanza/polinoiaviaxudicial.flv{/flowplayer}

Case dous meses despois de que a Xunta desautorizase o cambio de xefe na policía local de Noia, o executivo local non procedeu aínda á reposición da legalidade coa restitución do inspector Manuel González como xefe do corpo. É por elo que dende a asociación de xefes de policías de Galicia así como dos sindicatos CCOO, UXT, CIG, CSI-CSIF e AXEMPOL decidiron optar pola vía xudicial. Este mércores rexistraron un escrito na Consellería de Presidencia instando á Xunta de Galicia que inicie as actuacións xudiciais oportunas de xeito urxente e se proceda a depurar responsabilidades.

Semella que a vía xudicial é a única que pode poñer orde neste conflito que xa adquiriu un cariz persoal. O ex-xefe da policía denuncia que, lonxe de respectar a xerarquía e resitualo no seu cargo tal e como establece a lei, o concello lle comunicou a súa incorporación ó servizo diario en calidade de axente.

Danos irreparables

Considera Manuel González que se lle está a provocar un dano irreparable cun ambiente de traballo no que se lle desautoriza e ningunea, polo cal nestes intres se atopa de baixa.

O nomeamento ilegal do xefe de policía é, para González, tan só a gota que colma o vaso dun conflito latente no corpo, que leva anos deteriorando a imaxe da policía local e que ningún dos gobernos que asumiron a alcaldía nos últimos anos foi quen de poñerlle solución.

Considera necesario facer xustiza non só como remedio ó agravio persoal que está a sufrir senón como garantía de que esta situación, fóra da legalidade, non aconteza noutros concellos. Por elo, ademais de reclamar ó goberno autonómico a toma de medidas, iniciará o seu propio proceso xudicial, tanto a nivel particular como dende os sindicatos.

Redacción Barbanza