Calizamar emprenderá accións legais trala paralización da actividade

    pechecalizamar_100_051009.jpgBOIRO> O pasado venres o Concello decretaba a paralización da actividade da empresa de reciclaxe de cuncha de mexillón, Calizamar, …

    {flowplayer}barbanza/pechecalizamar.flv{/flowplayer}

    emprazada no polígono industrial de Espiñeira. Os membros do Consello de Administración anunciaban o inicio das medidas legais oportunas en contra da resolución coa fin de poder retomar a súa actividade.

    En 1999 Calizas Mariñas iniciaba en Boiro un innovador proxecto co afán de dar saída ós residuos da cuncha de mexillón para a súa reciclaxe mediante a conversión en carbonato cálcico. Dende entón, a empresa, con carácter pioneiro a nivel mundial, ten investido máis de once millóns de euros no perfeccionamento das súas técnicas.

    Problemas medioambientais

    Sen embargo, nos últimos seis anos, son moitos os problemas que se teñen derivado do funcionamento da empresa, especialmente os relacionados cos cheiros que emanaban da factoría e que suscitaron as queixas veciñais e mesmo dos propios empresarios do polígono. Para tentar solventalos, creouse un grupo de traballo a petición do concello.

    A empresa realizou unha serie de melloras no seu sistema, chegando a investir máis de medio millóns de euros. Sen embargo, semella que non foron suficientes polo que o concello, tras varios peches cautelares, decidiu paralizar definitivamente a actividade cortando ademais o submnistro de auga.

    Dende o Consello de Administración de Calizas Mariñas, califican a actitude do goberno municipal de persecución utilizando á empresa como chivo expiatorio ante calquera problema medioambiental.

    Accións legais

    Se ben dende a empresa recoñecen que si se teñen rexistrado problemas puntuais, entenden que a súa actividade axústase totalmente ós parámetros legais. Por elo, anunciaron a súa intención de emprender as accións legais oportunas e mesmo esixir reclamacións de responsabilidade derivadas da paralización da actividade.

    Ata que non se resolva o recurso que presentarán ante o Xulgado do Contencioso, proceso que pode tardar ó redor de dous meses, a empresa veranse obrigada a iniciar o expediente de suspensión temporal da relación laboral cos once traballadores con que conta na actualidade.

    Dende CalizaMar advirten ademais do grave problema que supón para o sector mexilloeiro a paralización da actividade de esta empresa que procesa anualmente 24 mil toneladas de mexillón. 

    Dende o concello negan a actitude obstrucionista de que lle acusa a empresa e insisten en que sempre se colaborou para solventar os problemas xa que consideraban que se trataba dunha industria moi necesaria.

    Sen embargo, a empresa financiada por Medio Ambiente que realizou un seguemento duante os últimos catro anos chegou á conclusión de que CalizaMar non cumpría os parámetros legais polo que xa en abril se tomou a decisión de paralizar a actividade. Dende o executivo son conscientes dos avances técnicos realizados pola empresa pero que resultaron se insuficientes.

    Redacción Barbanza