O polbo á feira reina na Festa do Marisco do Grove

    pregon_marisco100.jpgO GROVE> A Festa do Marisco despacha en só dous días máis de 22.000 racións e factura case cen mil euros.

    {flowplayer}images/salnes/pregon_marisco.flv{/flowplayer}

    O GROVE> Máis de 22 mil racións vendidas e unha facturación de case cen mil euros. É o balance dado ata o de agora polo Concello do Grove en relación á festa do Marisco.

    Das 28 propostas da carta da festa, o que máis se está a demandar é o polbo á feira, inda que tamén teñen boa acollida as vieiras, o arroz con mariscos, as navallas, ou as nécoras. O Concello destaca tamén a cifra record de visitantes que tiveron o primeiro día da festa. Máis de 2.000 persoas achegáronse ó recinto do Corgo para ver a gala musical e escoitar o pregón do xornalista Pedro Piqueras, quen parafraseou ó escritor galego Manolo Rivas para falar do marisco.

    Desde o Concello destacan que o inicio desta cita gastronómica foi moi positivo, a pesar do mal tempo. De feito animan ós visitantes a aproveitar as xornadas chuviosas para deixarse caer polo recinto da festa. O alcalde foi o encargado de conceder a primeira centola de ouro desta edición, que recibiu o pregoeiro Pedro Piqueras. O vindeiro venres será o acto oficial no que serán homenaxeados: Amegrove, Posada del Mar, o deseñador Modesto Lomba e a escritora Teresa González Costa.

    Redacción Salnés