A renuncia dos concelleiros do PP en Silleda xa está en Madrid

    xunta_directiva_provincial_copia_100.jpgPONTEVEDRA> O presidente provincial do PP, Rafael Louzán, asegurou hoxe que o PP cumpriu sempre co pacto antitransfuguismo e seguirao a facer.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTA_DIRECTIVA_PROVINCIAL.flv{/flowplayer} 

    Na rolda de prensa celebrada na Sede Provincial do PP de Pontevedra, Louzán deixou moi claro que ningún dos concelleiros de Silleda, que esta mañá presentaron unha moción de censura, forman parte xa do PP. Éstes, presentaron a súa renuncia voluntaria antes de asinar a moción. O presidente provincial dos populares, recalcou que o partido cumpriu e cumprirá sempre o pacto antitransfuguismo.

    Rafael Louzán quixo deixar claro que nin o PP se beneficia da actual situación en Silleda, nin esta formación é a responsable do sucedido. Afirmou que o Partido Socialista levou acabo neste concello un acto antidemocrático ó sobornar a un concelleiro para que deixase a súa acta.

    Por outro lado, o presidente provincial, anunciou que o vindeiro 28 de novembro o PP celebrará o seu 45 Congreso Provincial ó que están convidados, o presidente nacional dos populares Mariano Rajoy e o líder do PPdG, Alberto Núñez Feijoo.O secretario de organización do PP e presidente da comisión organizadora do Congreso, José Juan Durán, afirmou que mentres no seu partido elixen. No Congreso de novembro, Louzán ten a intención de presentarse á reelección para seguir liderando esta formación.

    Redacción Salnés