A Feira Multisectorial deixará na comarca 400.000 euros

    foto_multisectorial_copia_100.jpgVILAGARCÍA> FEXDEGA inaugura, mañá ás 12, a corenta edición da súa Feira Multisectorial baixo a sombra da crise.  

     {flowplayer}images/salnes/MULTISECTORIAL.flv{/flowplayer}

    Segundo os datos extraídos doutras feiras, a Feira Multisectorial deixará na comarca un volume de negocio de máis de 400.000 euros. Fexdega estima un número maior de expositores que o pasado ano e unha gran presenza de visitantes. O director-xerente de FEXDEGA, Juan Luis Callón, afirma que esta feira xeral repercutirá positivamente na economía da comarca. Callón destacou que, pese ó momento de crise económica que estamos a vivir, espérase un gran éxito da Feira.

    Os máis beneficiados polo evento son os empresarios de hostelería. Por iso, a asociación de Hosteleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (AHITUVI), móstrase disposta a colaborar no impulso das feiras da comarca.

    Na inauguración de mañá estarán presentes, entre outras autoridades, o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

    Redacción Salnés